Así de bien o pasamos na Biblioteca de Cerceda con espectáculo Mans de Pablísimo, o pasado venres 26 de maio.
O pasado sábado 27 de maio, Charo Pita acercou os mais cativos/as o mundo máxico dos libros a través de cancións, xogos corporais e narracións de pequenas historias. Todos os animais da granxa de Cocoricoricó axudaron o pequeno poliño a buscar o sorriso da lúa.
O traxe Novo do Rei …. Tarabelo Todo un clásico que non pasa de moda e así o demostrou TARABELOS en Ribadumia.
O clásico conto “O novo Traxe do Rei” a cargo de Tarabelos fixo as delicias tanto dos máis pequenos e dos maiores, arrincandolles a todos risos e sonrisos.
Un conto que a cargo dos seus persoasxes e narración en primeira persoa fixo as delicias do público asistente.
A introdución, desenrol o da obra, persoaxes e narrador …… arrincaron aplausos e ata peticións de autografos e selfees con Tarabelos.
A maxia de Carlos Casares visitou a nosa biblioteca da man do gran ilusionista Martín Camiña.
Unha tarde fantástica chea de maxia e ilusión
Todas e todos escoitamos falar dos ratos de biblioteca. O venres a biblioteca de Sarria recibiu a visita de Fuco, que veu contar contos cos que se estimula a imaxinación e a creatividade non soamente dos nenos e nenas, senón tamén das súas nais e pais que gozaron co marabilloso mundo creado por Arnold Lobel e posto en escena por Trinke Trinke.
Na Axencia de Lectura Fundación Ferama quixemos contribuír coa celebración das Letra Galegas en honra aos nosos escritores cunha actividade de fomento da lectura a través do programa da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia “Ler Conta Moito”.
O pasado venres 26 de maio Fran Campos e a súa amiga Filipa, (boneco “muppet”), propúxonos, a partes iguais, unha viaxe polos contos tradicionais e o repertorio infantil de Carlos Casares (Letras Galegas 2017), amenizados con música e canción en directo (guitarra e voz).
Tarde fenomenal con Pakolas.Concerto participativo e divertido.O rock chegou a nenos e pais acompañado de fermosos libros.Léctura e música collidos da man
O pasado xoves 25 de maio, Cris de Caldas contoulles aos nenos e nenas das Pontes as historias que para eles escribiu Carlos Casares. Falounos de Lolo, de Toribio, pero sobre todo contounos con gran detalle a histora de A Galiña Azul. Os rapaces pasárono en grande e puideron levarse para a casa un marcapáxinas que, axudados por Cris, fixeron coa imaxe da galiña azul. Foi unha bonita forma de completar as actividades que co gallo destas Letras Galegas 2017, a biblioteca Enrique Rivera Rouco está a realizar na honra de Carlos Casares.
O venres 19 de maio estivo Marisa Irimia na Biblioteca Municipal de Ordes, para contarnos moitas historias. Acompañada do noso mellor público, levounos polo mundo vivindo doces aventuras. As nosas Letras Galegas foron ben homenaxeadas!
Séguenos