“Letras e Notas” de Magín Blanco en Bergondo
O día 26 de maio veu Magin a actuar ao noso concello. A súa función foi “Letras e Notas” e realizouna para os nenos e nenas de educación infantil.
O día 26 de maio veu Magin a actuar ao noso concello. A súa función foi “Letras e Notas” e realizouna para os nenos e nenas de educación infantil.
A Biblioteca de Moaña, ateigada de nenas e nenos, bailou con Gloria Mosquera e os seus libros musicais de Mamá Cabra.
O xoves 25 de maio ás 18 horas tivo lugar un obradoiro, na biblioteca municipal de Monforte de Lemos, para celebrar o Día das Letras galegas. Celtia conectou moi ben cos rapaces que disfrutaron dos títeres e actividades que lles tiña preparadas en relación as Letras Galegas.
Con motivo da celebración do “Día das Letras Galegas” a biblioteca levou a cabo a seguinte actividade, “A Galiña Azul e compañía” o 19 de maio ás 11 horas. A actividade correu a cargo de Cris de Caldas que tomando como fío a galiña azul, fixo unha explicación sobre o seu autor e do significado das Letras Galegas no panorama da nosa literatura. A galiña azul veu acompañada doutros contos de tradición galega. A actividade gustou moito ao público asistente que colaborou e participou en todo momento do espectáculo.
As inclemencias do tempo non foron quen de impedir na xornada de onte, que os cativos/as da Gardería Municipal levasen acabo a súa saída programada para visitarnos na Biblioteca.
A cita agardávaos cunha sesión de contos con música para bebés, na que un lobo con chupete como protagonista, choraba desconsoladamente ao intentar quitarllo. A solución a tomar foron os contos, cantos e cancións da man de Migallas Teatro.
A compañía Bandullo Azul visitounos o pasado mércores 24 de maio na Biblioteca de Bertamiráns, Fran e Filipa celebraron con nos as letras galegas e contáronos “Lolo anda en bicicleta”, “A galiña azul”, “As historias de Torbio” e tamén outras moitas historias acompañadas da guitarra. Os nenos estiveron moi animados e particípavos e incluso logo do ultimo conto “Hipoque?” que era dun hipopótamo que estaba na fase de preguntar por todo querían continuar ca historia encadeada e que non remátese o contacontos. Pequenos e maiores rimos e gozamos cashistorias de Fran e Filipa!
Aínda que o día estaba desagradable, os rapaces non faltaron á súa cita e desfrutaron do segundo dos contacontos de Celtia Figueiras “Contos do verán”.
Sherezade Bardají representou o día 19 de maio “A viaxe de Toribio” en Valladares para celebrar o día das letras galegas. Pequenos e grandes puidemos viaxar ao universo de Carlos Casares da man de Toribio, un dos personaxes máis entrañables do autor.
Na Biblioteca Ágora, para celebrar as LETRAS GALEGAS, unímonos ao Grupo Dado , que é a rede de clubs de lectura dos IES da Coruña Monte das Moas, Elviña, Ramón Menéndez Pidal, Rafael Dieste e Agra I, convocando un concurso de microrrelatos entre o alumnado e facendo coincidir a presentación e lectura dos mesmos coa entrega dos premios nas súas diversas categorías. Buscamos unha atividade didáctica ao tempo que dinámica e diferente que gustou pola súa variedade e calidade: Un paseo pola música negra. Soul e literatura, de Iria Mejuto, xunto a un gran pianista, Iago Mouriño, trouxo ao auditorio do Ágora temas actuais e coñecidos polas persoas asistentes.
Séguenos