“O MAGO ALBERT TEN MOITO CONTO ” na B.P.M. Xograr Mendiño de Lorbé ( Oleiros)
Neste obradoiro máxico nenos e nenas fixeron os seus propios utensilios para facer maxia e ao rematar o obradoiro asistiron emocionados á actuación do Mago Albert, quen fixo moitos trucos máxicos nos que solicitou a colaboración do público asistente, que non se fixo de rogar.
Foi unha sesión moi divertida para pequenos e maiores.