Dondondirindonga e Dondondirindón con Charo Pita na Biblioteca Municipal de Chantada
O xoves 26 de xullo puidemos desfrutar do Contacontos: Dondondirindonga e Dondondirindón, da man de Chato Pita, que como de costume, agradou a pequenos e maiores.
O xoves 26 de xullo puidemos desfrutar do Contacontos: Dondondirindonga e Dondondirindón, da man de Chato Pita, que como de costume, agradou a pequenos e maiores.
O venres 20 de xullo deseñamos mochilas.



Pasámolo moi ben.
O venres 6 de xullo Mary Poppins visitounos

e así, envoltos na súa maxia.

Grazas. Pasámolo moi ben.

No pasado xoves a rapazada do obradoiro Verán con Simona do Multiúsos de Chapela achegouse á biblioteca para participar nun obradoiro creativo.

Con Fotoconto, realizado polo grupo de animación Eduvía, xogaron xuntos a elaborar e narrar a súa propia aventura. A partir das fotografías dos participantes, cunhas boas doses de imaxinación e grazas ao tratamento dixital das imaxes, os cativos crearon un conto dinámico, enxeñoso e cheo de acción desbordante, onde o humor coas situacións e as personaxes máis variopintas adoptaron o seu protagonismo.

VER MÁIS FOTOS E O CONTO REMATADO NO NOSO BLOG: http://bibliotecasredondela.blogspot.com/2018/07/fotoconto-rapazada-de-veran-con-simona.html
O pasado venres día 20 de xullo, a nosa Axencia de lectura convertiuse nun mundo máxico co mago Pedro Bugarín. Participamos na súa maxia e descubrimos pequenos magos en prácticas. Foi moi entretido e disfrutaron tanto os grandes como pequenos.

O venres 20 de xullo, as 11:30h, estiveron na Biblioteca Pública Municipal da Pobra do Brollón “Os Quinquilláns” que levaron a cabo un obradoiro teatral “A FÁBULA DO ESPANTALLO” no que participaron adultos, mocidade e neno/as que se mergullaron de cheo na representación.
Moitas grazas por facernos pasar unha mañá tan divertida. Foi xenial!!!



A actividade realizouse o 19 de xullo ás 11 horas e a ela asistiron os nenos e nenas dun campamento urbano, con idades comprendidas entre os tres e os sete anos. A realización do espectáculo correu a cargo do mago Javier Muro que a través do teatro e da maxia contou a historia dun neno que quere ser mago e todas as aventuras que lle suceden ata conseguilo.

A actividade gustou moito ao público asistente que participou e gozou co espectáculo.

Marta veu a nosa biblioteca a contarnos uns contos de María Victoria Moreno, pasámolo moi ben escoitando e tamén preguntando e participando na actividade.


Séguenos