Ela e Dylan. As flores solitarias
O sábado 30 de xuño Ela e Dylan do grupo Maquinarias Teatro, recitaron e musicaron poemas de Bob Dylan na Biblioteca municipal de Láncara

O sábado 30 de xuño Ela e Dylan do grupo Maquinarias Teatro, recitaron e musicaron poemas de Bob Dylan na Biblioteca municipal de Láncara



OS NENOS E NENAS, E TAMEN OS PAIS, PASARONO MOI BEN ESCOITANDO OS CONTOS CON ALBA DE COMECHINS SEGUNDO PRATO.
A meiga Alborada amosou todos os seus coñecementos sobre cómo enfocar a vida. As reflexións non deixaron impasibles ao público asistente, o alumnado de 5º e 6º de educación primaria municipal.
Grazas Xoré Teatro!

O venres pasado as familias de A Illa pasaron unha tarde inesquecible na Biblioteca Municipal acompañadas por Gloria Mosquera e María Lires, que narraron, ilustraron e deron música ás historias que alí contaron.

Con Historias de Papel, os nenos e nenas e as súas familias disfrutaron dunha tarde moi agradable.


Payaso Piruleta@Cía. achegaron a poesía de Gloria Fuertes coa biblioteca máxica de Don Renato nunha actuación de teatro, música, maxia, circo, malabares, e baile que conquistaron aos nenos, nenas e familias.






Os nenos e nenas do Punto de Atención A Infancia de Carballedo e os seus familiares pasaron unha mañá moi divertida e educativa o pasado venres 29 de xuño disfrutando o contacontos e posterior obradoido ¿Onde está o vento?
A música e os contos son unha combinación perfecta para animar a todos os asistentes. 

O pasado sábado Cris de Caldas estivo na nosa biblioteca cos seus contacontos para bebés. Os asistentes disfrutaron dunha xornada de contos e de cancións tradicionais para os máis pequenos da casa. Unha actividade totalmente recomendable!

A actividade Cantamos un conto? de Luís Vallecillo, chegou á Biblioteca Municipal de Lugo e confirmounos que aos nosos lectores encántanlles os contos e máis cando estes chegan acompañados de música.



Séguenos