A CABEZA DO DRAGÓN NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE A RÚA
24 DE OUTUBRO “DÍA DA BIBLIOTECA” ¡¡¡É chegou o gran DÍA!!!. Actividade “A cabeza do dragón”, adaptación para marionetas da obra de D. Ramón María del VALLE-INCLÁN, con Carmen Domech e Jorge Rey de TÍTERES CACHIRULO. O Príncipe Verdemar é desterrado do seu fogar e, coa axuda dun trasgo falcatrueiro, terá que loitar
contra bandoleiros e tamén contra o terrible dragón que ten apresada a filla do Rey Micomicón… Contamos coa presenza de 120 nenos de tres colexios, con idades dende 5 ata 8 anos acompañados polos seus Mestres. Unha mañá de convivencia arredor dunha actividade moi divertida. ¡¡¡Pasárono estupendamente!!!























Séguenos