Pitusa Semifusa

Os nenos gozaron moito co espectáculo; cantaron, saltaron, e bailaron. Case todos os nenos da poboación xuntaronse
aquí.


Os nenos gozaron moito co espectáculo; cantaron, saltaron, e bailaron. Case todos os nenos da poboación xuntaronse
aquí.

A compañía de teatro elefanteelegante, presentounos un espectáculo onde mistura os contos de sempre, dando lugar a unha nova historia na que conviven a poesía, música, comicidade e teatro xestual.
Foi unha posta en escea interactiva, onde as marionetas cobran vida nas casas que aparecen diante dos espectadores, ao fio da narración das novas aventuras das personaxes de sempre.
Unha tarde moi divertida que deixounos ganas de máis.


A compañía TrinkeTrinke viñeron á Biblioteca de Miño con novas historias cargadas de contido. Esta vez, faláronnos dos nosos maiores, a importancia do respecto cara a eles, de non esquecelos, de lembrar sempre a súa sabedoría. Todo isto cargado con tenrura e delicadeza, fixéronnos pasar un intre que non esqueceremos tan fácilmente.
A Biblioteca tivo con gran aforo de persoas nenos e maiores que gozaron coas historias de TrinkeTrinke, ademáis contáronse: “Avós” e ” Á Arbore Xenerosa” dúas historias publicadas por la editorial Kalandraka, dispoñibles na biblioteca.
O luns 15 de outubro, para celebrar os 10 anos do noso centro recibimos a visita de Óscar Villán, que nunha amena charla iniciou ós rapaces e rapazas no mundo da ilustración a través dos traballos feitos polo creador do Coelliño Branco. tamén houbo tempo para facer un pequeno repaso de algúns artistas importantes na historia da arte. O público non perdeu ollo da explicación.
Os nenos e nenas de Baión disfrutaron o día 10 de outubro do concerto de CAMIÑOS de Magin Blanco, no que o instrumento estrela foi a guitarra.


MAGIN BLANCO NA A.L.M DE BAION



Onte nenos e nenas de Viana do Bolo puideron gozar dun contacontos moi especial, no que a protagonista era María Victoria Moreno.
Coñeceron a súa vida e parte da súa obra e debuxaron orixinais caricaturas da autora. Todo isto nun ambiente cheo de diversión e creatividade.



Os rapaces e rapazas de Tremoedo tiveron a sorte de participar no obradoiro creativo da FABULA DO ESPANTALLO na que interactuaron cos Quinquilláns e co espantallo.
O pasado venres 11 de outubro, dentro do programa “Ler conta moito” tivemos a visita de Alba Bermúdez, co seu contacontos “comechíns, segundo prato”, nen@s e tamén maiores, disfrutaron dos contos: “A tarta de aniversario”, “sopa verde”, “Oruga glotona”, “A vaca que puxo un ovo”, “Non teño fame”… así unha hora de divertidas historias que fixeron a delicia dos máis pequenos e non tan pequenos


O pasado martes día 9 de outubro tivemos unha tarde especial como sastres … metémonos no Faiado de Nin, e fixemos as nosas propias bolsas para gardar os libros que levemos en préstamo da biblioteca.
Pasamos unha tarde do máis entretida cortando telas, coloreando e perfilando bolsas. O resultado, uns lectores contentos e satisfeitos do seu traballo.
Agora, só queda darlle uso a esas estupendas bolsas.



O día 11 de Outubro, os nenos e nenas pasaron unha tarde diferente co as historias viaxeiras de Juste Kamishibai.



Séguenos