23/09/2019
Chegou a Burela, o pasado sábado 21 de setembro, un peculiar director de orquestra, pero que mui peculiar!!
No espectáculo ,Caxoto Contacontos despregou unha ampla destreza no manexo de infinidade de instrumentos musicais. O exotismo do birinbao, a maxia da frauta doce, ó ronroneo da harmónica, a espiritualidade da gaita…Unha ocasión para as máis pequen@spara descubrir a esencia mesma da música.
Con esta historia nos relatou a paixón que Sabela ten pola música , nunha aventura de 60 minutos que nos soupo a pouco.
Agardaremos para a seguinte historia de Caxoto e os seus contos!!!



Séguenos