ESCAPE ROOM – ATRAPADOS CON ALICIA

Deixamos unha imaxe do Escape Room Atrapados con Alicia que se celebrou o pasado día 25 de outubro na biblioteca de Teixeiro.
Os rapaces e rapazas disfrutaron moito desta actividade.

Deixamos unha imaxe do Escape Room Atrapados con Alicia que se celebrou o pasado día 25 de outubro na biblioteca de Teixeiro.
Os rapaces e rapazas disfrutaron moito desta actividade.

O pasado venres, día 25 de outubro, puidemos disfrutar do espectáculo de maxia de Leo Leiño e a súa axudante Cris por segunda vez na Biblioteca de Riotorto.
Ambas lograron cos seus trucos de maxia e as súas ocurrencias despertar o interese dos máis pequenos así como dos adultos.
O espectáculo estivo cargado de trucos de maxia nos que se pretendía concienciar da importancia da igualdade e nos que os propios nenos e nenas participaron tamén.
Cos programas Ler conta Moito rematamos unhas intensas semanas de actividades nas Bibliotecas públicas de Carral. Nos pasados días Teatro Migallas tróuxenos os Contos do Chupete para fomentar os 
primeiros contactos da infancia cos contos e os libros. Gozamos moito coa papiroflexia que nos ensinou Miguel Cortés; con Conto Xogo aprendimos que os contos non teñen por que ter xénero, e tivemos unha tarde de música e contos cos ratos de Lonxedetodo (Trinketrinke Teatro) e a súa obra “O ratiño presumido”.
Agora xa nos imos preparando para as sesións de contacontos e animación á lectura que cada último xoves de mes facemos na Biblioteca da Casa da Cultura. Non paramos!


O conto do espantallo fixo as delicias dos nenos e dos pais; vestirse uns de cans, outros de gatos….e conxuntamente
a actuación dos pais e con unha historia tan agarimosa , foi unha despedida moi bonita.

Concerto musical de Papi&mami destinado a nenos e nenas de 0 a 3 anos que se realizou na biblioteca Municipal o día 22 de outubro de 2019.

Pavís Pavos trouxo a Salceda de Caselas CONTOS QUE VEÑEN E VAN.
Desfrutamos de historias tradicionais e de historias actuais que os nenos e nenas escoitaron con moita atención e sairon preguntando….cando volve Pavís Pavos?

Qué ben o pasaron os pequeniños e pequeniñas de Salceda de Caselas!!
Charo Pita viu a Salceda de Caselas coa sua guitarra para contar contos sobre a amizade e nos encantados de recibila.

Coincidindo coa visita de tres grupos do Colexio Ramón Falcón de Castro de Rei, disfrutamos do espectáculo de Marionetas Trécola: Xogo Revolto. Os rapaces estiveron moi atentos a unha obra que soubo transmitir cómo se senten os demáis cando non os respetamos, e dándolles algunhas posibles solucións. Moi recomendable para nenos de 6 a 9 anos
Participaron nenos e nenas acompañados por nais e educadoras da galiña azul.Narrou e mostrou diversos obxectos para manipular os pequeniños



A actividade de lisístrata ,durou unha hora e media ,contandonos historias de mullers que foron verdadeiras heroínas e os nenos e nenas aguantaron todo o tempo con verdadeiro interes ,a pesar da curta idade de parte do público.
Ana sabe transmitir as historias tanto para nenos como adultos,con axuda dun proxector foi transmitindo a importancia das mulleres na historia e que moitas veces non aparecen nos libros de texto.




Séguenos