“Contamos todas”, Avelino González narra para adultos na Biblioteca Xela Arias de Chapela
A Biblioteca Xela Arias de Chapela adiantou á xornada de onte a celebración do Día da Biblioteca, e fíxoo achegando a literatura oral aos maiores, da man dun dos contadores máis queridos do panorama galego actual: Avelino González.

A actividade tivo moita demanda, tanta que superaba a capacidade da biblioteca, polo que trasladamos o contacontos ao auditorio do Piñeiral do Crego, no mesmo edificio onde se atopa a biblioteca.

Ainda que a actividade se fixo no auditorio, os libros da biblioteca formaron parte da súa posta en escea, e Avelino referiuse a eles de xeito moi evocador.

VER + NO BLOG DAS BIBLIOTECAS: https://bibliotecasredondela.blogspot.com/2019/10/contos-para-namorar-aos-adultos-con.html