AVELINO GONZÁLEZ EN SALCEDA DE CASELAS

Esta vez o turno foi para os nenos e nenas maiores e Avelino González non defraudou.
Actividade de igualdade que non deixou indiferente a ninguén

Esta vez o turno foi para os nenos e nenas maiores e Avelino González non defraudou.
Actividade de igualdade que non deixou indiferente a ninguén
O pasado 25 de outubro, tivo lugar no salón de actos da casa da cultura de Alfoz, una actividade de igualdade e violencia de xénero a cargo de Charo Pita, onde se deu protagonismo ás mulleres de toda condición e idade a través de contos e cancións, con estes contos os nenos veron que non ten que haber barreiras na sociedade. Tódolos asistentes disfrutaron moito.

O 27 de outubro tivemos na biblioteca un contacontos da compañía Trinketrinke titulado O ratiño presumido, no que tanto nenos como maiores disfrutamos escoitando contos, cantando e bailando. Estas son as fotos e video da actividade:

O 24 de outubro celebramos o Dia da Biblioteca con nenos de Educación Infantil do CEIP Plurilingüe de Ribadavia cun contacontos do programa de Igualdade e Loita contra a Violencia de Xénero titulado Sen medo da compañía Trécola Teatro. Asi de ben o pasaron:




Juan Juste e Mónica presentaron un teatro clásico e as esceas estan feitas a man e pintadas con plumilla. A continuación, os nenos e nenas elexiron o seu conto favorito ou inventado e fixeron un teatro de papel cos seus personaxes que levaron as súas casas. Un obradoiro que promove a creatividade, destrezas motrices, o contacto coas artes plásticas, e a convivencia e colaboración entre os participantes.


Manuel Vicente, de Efervesciencia, estivo na Biblioteca de A Guarda con esta interesante actividade adaptada a nenos e nenas de 7 anos en diante que estaban acompañados por familiares adultos. Realizou experimentos con xeo seco, e ensinou o efecto invernadoiro cunha cámara de infravermellos que fascinaron aos asistentes. Ademáis, fixeron moitas preguntas sobre o cambio climático.

Os rapaces de Sada tiveron a oportunidade durante tres horas de interactuar co ilustrador Xosé Tomás. Debuxaron, falaron, e pasearon pola biblioteca, tocando os libros, vendo as súas ilustracións, coñecendo outros creadores … todo unha experiencia para os máis pequenos.


Unha árbore estivo na biblioteca. Anxo Avelino (Carballo con Botas) chegou acompañado de seres do bosque. Houbo contos, música, baile, sorpresas e risas. E coa súa maxia medraron arboliños. Deixou un conto como agasallo que estará na biblioteca para que todos podan desfrutalo. Unha actividade que fomenta o amor poa natureza dun xeito moi lúdico e participativo.



Conta contos ilustrado para coñecer a catro mulleres galegas: Ángeles Alvariño, Maruja Mallo, María Victoria Moreno, Ernestina Otero. Fomenta moi ben a lectura e a importancia das bibliotecas dun xeito lúdico. Os nenos e nenas pintaron caricaturas e un mural adicado a Ángeles Alvariño que quedou na biblioteca. Unha actividade que fomenta a creatividade e convivencia entre os participantes.

O pasado venres, 25 de outubro, a ALM de Carnota acolleu o espectáculo O ratiño presumido, da compañía Trinke Trinke. Co rato Fuco e mais coa súa amifa Faifá, chegados de Lonxedetodo, e coa colaboración de mamás e papás, desfrutamos dunha tarde de contos que, de forma sinxela e divertida, afondan na educación non sexista e na ruptura dos estereotipos de xénero.



Séguenos