“O MUNDO DA DOBRAXE” en BiblioPazos con Manuel Pombal e Suso Pando
Comezamos o programa de LER CONTA MOITO na Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén “BiblioPazos” o pasado venres día 18 de setembro coa actividade de audiovisual na biblioteca “O MUNDO DA DOBRAXE” a cargo de Suso Pando e Manuel Pombal.
Estes dous excelentes profesionais fixeron que os nenos e nenas que asistiron ás dúas sesións realizadas ao longo da mañá ás 11:00 e ás 13:00 horas, no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén, coñeceran esta ferramenta e cómo se fai a dobraxe dunha película.
Unha estupenda actividade moi dinámica e animada na que participaron todos os asistentes á mesma e na que finalizaron dobrando eles mesmos un minicapitulo dunha serie de debuxos animados.
Moi recomendable para calqueira idade.
A próxima actividade será o Xoves 24 de setembro ás 13:00 horas no Auditorio do Concello na que teremos á actriz e presentadora Genma Pardo “GEMOLA” co seu espectáculo de dinamización denominado “DECTECTIVE GEMOLA. O MISTERIOSO CASO…” no que durante os 60 minutos de duración intentaremos que os asistentes resolvan este misterio.