“Fío de lúa” con Títeres Cachirulo o sábado 19 de setembro en Betanzos

A Biblioteca Pública Municipal de Burela, organizou o sábado,19 de setembro ás 11:00 horas , un Obradoiro creativo a cargo de Mircrómina Teatro de Títeres , onde os nenos e nenas de Burela poideron crear os seus propios bonecos partindo dunda tira de cartón. Cuns cortes nos lugares axeitados e con dobleces pertinentes acadaron os seus bonecos os cales decoraron e personalizaron ao seu gosto. Unha mañá intensa e leda.



Hoxe comezamos a tempada de Ler conta moito con “Paxariños” de Trinketrinke Teatro. Contacontos para bebés fundamentado nunha posta en escea moi visual, un conto sinxelo e sonoro que lembra cantareiras infantís.
Foi unha sesión moi divertida e gustou tanto a maiores coma a pequenos.


O xoves 17 de setembro recibimos a visita de Pavís Pavós na Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño de Lorbé (Oleiros) co contacontos Historias da Marquesa. Trouxeron a maleta máxica da Marquesa chea de contos que narraron e escenificaron, mantendo a todos os nenos e nenas moi atentos.
Pasámolo en grande!

Hoxe, 18 de setembro, tivo lugar a actuación de Pakolas” Ti debuxas eu c@nto” coa colaboración de Laura Romero. Pakolas encandilou aos nenos/as que asistiron con cancións de rock que falaban de persoaxes dos seus libros ( Gramola Gominola, Ramona Orbita..) ao tempo que Laura oa ía debuxando ao lado del.
Foi moi entretido xa que os rapaces se implicaron moito, ao mesmo tempo fixo moitas alusións a importancia das bibliotecas.

O mércores 16 de setembro tivemos o pracer de ter en Touro a Atenea García.

ESTRAFALARIA

Onte desfrutamos dunha tarde de música e contos na biblioteca de Darbo coa Tropa de trapo.
Pasámolo fenomenal na compaña destes dous grandes artistas.

Onte a tarde recibimos a Migallas Teatro co seu espectáculo “Cantacontos” onde os contos tradicionais ou de creación propia son arrequentados con cancións, música ou sons que contribúen a espertar emocións nos nenos e nenas. María, a señora dos contos e o señor Do Re Mi conseguiron que o público participara en todo momento na súa actuación.
Este ano a actividade non se puido realizar por motivos de aforo e seguridade dentro das instalacións da Biblioteca Municipal polo que se trasladou ao edificio do Teatro de Ribadeo.

Os nenos e nenas de Miño coñeceron a mulleres libres e independentes en grandes contos narrados de forma xenial por Xarope Tulú.


Séguenos