“O COELLIÑO BRANCO” NA BIBLIOTECA DE MUXÍA

Unha preciosa sesión de contos que fixo as ledicias dos máis pequenos con Trinke Trinke

Unha preciosa sesión de contos que fixo as ledicias dos máis pequenos con Trinke Trinke
O venres 11 de setembro os nenos e nenas de Lourenzá desfrutaron con esta orixinal actividade , onde os libros e o cine se mesturan.
O pasado venres, 4 de setembro,tivemos na biblioteca de Bergondo a Genma Pardo.
Unha tarde do máis divertido con contos,música,bailes e o máis importante: aprendendo sobre igualdade!


Este pasado sábado, 12 de setembro, ás 11:30 h, maiores e pequenos puidemos gozar co concerto musical que nos achegou Magín Blanco ás Bibliotecas de Carballo.
Neste espectáculo deleitámonos con cancións moi agradables, que facían mover o noso corpo con ritmos suaves de jazz. Un espectáculo que varias familias decidiron aproveitar de maneira presencial vindo á biblioteca, sempre respectando as medidas de seguridade que se organizaron; e co que moitas outras puideron gozar desde as súas casas, pois Magín tamén nos ofreceu a posibilidade de facelo en streaming a través das nosas redes sociais.
Desde a Biblioteca de Carballo recomendamos esta actuación, que tivo moi boa acollida por parte do público.
Gracias por deleitarnos coa música que levas dentro da maleta, Magín!

Magín Blanco e a súa maleta
O venres 11 de setembro estiveron María de “Encanto” e a súa cadeliña na nosa biblioteca. Cantas cousas aprendemos. “Había unha nena que sabía moito de cans…” foi todo un éxito! Coma sempre, o mellor foi o público infantil. 
Actividade de animación e música a cargo de Paco Nogueiras, doce cancións recollidas no libro-disco do mesmo título conformaron o programa de de radio que se desenvolveu o sábado no Salón de Actos da Casa da Cultura e no que participaron nenos e acompañantes . Adultos e nenos gozaron por igual neste espectáculo dinámico, participativo e divertido.
Con todo o público infantil en pé, dando palmas e cantando “cóntame, como che foi, se coñeciches a felicidade” concluía o espectáculo infantil “A casiña de acollida”, no Barco. Numerosos nenos e tamén maiores desfrutaban desta actividade de contacontos, adiviñas, teatro e música de ANIMAR-T que se desenvolvía a partir das seis da tarde na praza Andrés de Prada.
Non faltaron as historias cheas de valores como a amizade, a xenerosidade ou o respecto polo medio ambiente.



O mércores 9 de setembro tivemos o pracer de escoitar a Sole Felloza coa súa proposta de igualdade. 
Desde os seus recordos de infancia ata as aventuras de Iria, o espantallo, a ra…para mostrarnos que todos debemos respetar ós demais e loitar polos nosos sonos.
Foi unha sesión moi divertida e gustou tanto a maiores coma a pequenos. Mantendo as normas de seguridade, debemos seguir a disfrutar dos nosos narradores. Porque tod@s necesitamos contos!
Gracias Sole.
Hoxe, 10 de setembro, pasou a tarde connosco, na Biblioteca Municipal de Poio, o mago Pedro Bugarín, ensinándonos unha chea de trucos de maxia nun entretenidísimo obradoiro do que desfrutamos grandes e pequenos.

O mago Bugarín ensina trucos de maxia á cativada en Poio
A empresa Átomos o 27 de agosto preparoulles aos mozos e mozas un Scape Room na biblioteca de Irixoa. Mozos e mozas de Irixoa tiveron que resolver un misterio e intentar sair.
Pois si que conseguiron saír, non quedaron encerrados!



Séguenos