ZENTANGLE EN CELANOVA
Animado obradoiro para aprender a debuxar as nosas iniciais con Zentangle. Imaxinación ó poder. Unha magoa que deba ser en streaming e non podamos ver as caras de satisfacción dos nosos usuarios. Pero gracias a colaboración da Aula Cemit de Celanova, que proxectou o obradoiro nas súas instalacións temos algunhas testemuñas do ben que o pasaron.








Cultura é segura e moi divertida!


O sábado 17 de outubro tivemos na Axencia de Lectura do Concello de Frades a actuación de Gloria Mosquera e Tomi López “Patrimonio Natural”. Sen dúbida fixeron viaxar a todo o público á “Fraga do seu Avó” mediante a música e as imaxes, nunha actuación cargada de respecto pola natureza, os animais e o medio ambiente, onde os nenos e nenas puideron bailar e cantar ao son das súas maravillosas cancións.











Séguenos