Contacontos xogando coa música con Esperanza Mara en Porto do Son.
No día de onte os nen@s sonenses e visitantes desfrutaron cunha sesión de contacontos na man dunha soprana de luxo que fixo a mañán dos cativos moi divertida.

No día de onte os nen@s sonenses e visitantes desfrutaron cunha sesión de contacontos na man dunha soprana de luxo que fixo a mañán dos cativos moi divertida.

O martes 21 de xullo as 11:30 horas acutuación a cargo de “A Run Run”

Grazas GALI polo bo momento que nos fixeches pasar.
Nos arredores da Biblioteca Municipal de Quiroga, tivo lugar esta espectáculo de dinamización lectora e animación na que participaron nenas e nenos e tamén maiores. Todos da man de Ramona, viaxaron no tempo e descubriron os seu interesantes inventos . Actividade dinámica, divertida e moi participativa que fixo que o público gozase dunha agradábel xornada da man de “Pakolas”.

O venres 9 de xullo as 11 hora tivemos a actuación “A señor do castelo” coa artista Sabela Gago.



Abraiados e abraiadas marcharon os e as asistentes ao espectáculo Historias fabulosas, dous magos e outras cousas de Ian e Elisa.

Ian e Elisa en Touro

Ian e Elisa Touro
Segunda visita de MeRe á nosa ALM, este mércores 23. Desta vez tocou escoitar algunha lenda galega.
Como chovía, metémonos no pavillón anexo á biblio. Depois volvemos a ela en grupos para buscar outras lendas e historias de Galicia que se agochaban entre os libros.

Moc Moc Mereclown visitou a ALM de Dumbría para presentarnos A verdadeira historia de Hamelín, o martes 21 de xullo.
A mañá morriñenta que nos tocou pasámola ben mellor cunhas risas.
A versionada historia do afamado flautista, adornada con malabares e clown, gustou moito aos nenos e nenas asistentes.


O día 18 de xullo tuvemos a visita de Pakolas e Laura Romero en Muros, viñeron acompañados con Ramona Órbita. Unha tarde inovidable, tuvemos 70 partici
pantes entre nenos e adultos, todo con reserva.
Onte un grupo de pais e nenos pasando unha tarde entretida con unha sesión de contacontos titulada: “Contos para levar no peto”. No salón de actos da Axencia Municipal de Lectura aquí en San Pedro de Muro.


Séguenos