“A OUSADÍA DA OSA” NA BIBLIOTECA POETA CRECENTE VEGA DE CASTRO DE REI

Onte ás 11 da mañá Olga Abad fixo disfrutar aos nenos e nenas coa historia de Maruxiña, unha osa moi especial e aventureira.

Onte ás 11 da mañá Olga Abad fixo disfrutar aos nenos e nenas coa historia de Maruxiña, unha osa moi especial e aventureira.
Concerto musical protagonizado por un Paco Nogueiras totalmente entregado coas súas cancións emitidas desde o programa da Radio BULEBULE, os nenos e nenas participaron coreando cada unha das letras que falan da nosa lingua, do tempo, da información, dos pelos e do mundo en xeral.
Cumprindo sempre as normas COVID os asistentes bailaron dende as súas butacas, aplaudindo e animando sen parar desfrutando da hora que durou o concerto.

Paco Nogueiras en concerto
Radio BuleBule

O día 15 de setembro, gran participación e diversión de nenos/as, co grupo musical de María Faltri e Jorge Juncal con moita música, persoaxes, baile, cancións, etc
Onte á tardiña, Fuco uno dos ratos da aldea de Lonxedetodo , veu visitarnos á Biblioteca Concepción Arenal de Miño.
Contounos tres marabillosas historias de ratos, tamén nos ensinou cancións moi divertidas
Pasámolo xenial.

Momento máxico e xenial

Sempre atentos

Fuco fixo as delicias de grandes e pequenos
Menuda tarde a de onte chea de ilusión e alegría! Despedímonos ata outra do Pequeno Cabaret Infantil de @nelson_quinteiro, foi un pracer contar con esta actuación escenificada coma un circo antigo. Grazas a Pedrito e a Jacinta que fixeron rir moito aos asistentes presenciais e aos espectadores que o visualizaron dende a casa.

Onte ás cinco e media da tarde botaba a andar a programación de Ler Conta Moito na Biblioteca Central Municipal de Cambre. Dúcias de nenas e nenos puideron gozar dunha sesión de contos e cancións, a cargo de Fran Amil e o seu espectáculo “Contos de Chuches Amil”.



TIRULEQUE NO CARBALLIÑO

O martes, 7 de setembro do 2021, no CSC das Fontiñas recibimos a David Merelas, que levou a cabo unha actuación moi entretida na que procurou obter a complicidade dos asistentes facéndoos partícipes da mesma. O recurso ao clown e os malabares enriqueceron esta orixinal adaptación do conto popular “O frautista de Hamelín”.

Moita emoción e interés neste obradoiro para aprender a redactar, locutar e editar un podcast no CSC de Vite do Concello de Santiago. Unha actividade moi dinámica e completa na que empregáronse técnicas de locución, teatro e dobraxe e na que nenos/as e mozos/as pasáronno en grande e descubriron toda a potencialidade dos postcad como recurso comunicativo e didáctico, no que resulta clave pensar de forma integral para realizar unha boa producción.
O 11 de setembro en Bergondo tivemos a oportunidade de asistir a este contacontos onde non faltaron contos, contos de micho, no que aprendimos moitas cousas sobre eles.


Séguenos