O frautista malabarista
Con moito humor, bromas e malabares as e os máis pequenos da casa, e tamén os que non o son tanto, desfrutaron da “verdadeira historia de Hamelín”
.
Con moito humor, bromas e malabares as e os máis pequenos da casa, e tamén os que non o son tanto, desfrutaron da “verdadeira historia de Hamelín”
.
O Mago Deimi – Deimi Varela – sorprendeunos onte co seu espectáculo de maxia, “A maxia está nos libros”, que tivo lugar no Centro Sociocultural de Baio no marco da programación de outono das nosas bibliotecas. Deixámosvos aquí unhas imaxes!

O pasado martes 5 de outubro, Paco Nogueiras co Radio Bulebule, transmitiu na radio en directo un divertido programa cheo de humor, baile e cancións. As letras das composicións e as melodías destacaron polos ritmos modernos, pegadizos e bailables coa participación do todo o público.

Cristina Collazo amenizou a tarde deste venres día 15, coa súa particular adaptación da obra “Pepa a Loba”. nesta historia na que se mestura a música e a danza, podemos apreciar valores como a amizade e a rebelión feminina, a protagonista da sobradas mostras destes valores.
O público gozou dunha interpretación de moita calidade e o remate houbo unha ronda de preguntas moi interesantes.
Partindo de coñecidas películas e series baseadas en libros, os e as participantes, alumnos e alumnas de 1º de ESO, do IES. POETA DIAZ CASTRO, aprenderon da man de Ainhoa, de Crearte Servizos Culturais, as claves para contar unha historia con perspectiva de xénero, reescribiron escenas e convertiranse en actores e actrices de dobraxe que deron voz, a súa voz, a eses personaxes que visualizaron despois na súa nova versión. Unha creativa proposta para fans do audiovisual que fomenta a igualdade.

A Biblioteca da Laracha acolleu a Trinke Trinke cos ratos de Lonxedetodo.

O día 14 de outubro visitounos na Capela Carmen Domenech co contacontos ” A carteira de Augasclaras” e repartíu cartas dirixidas ós nenos nas que, os remitentes eran os protagonistas dos seus contos ” Rosa Caramelo” e ” Artur e Clementina”, os nenos pasaron unha mañá moi divertida.


Inacio Vilariño, de Fantoches Baj, presentounos onte na Biblioteca Municipal de Lugo unha chea de medos e os divertidos remedios para enfrontarse a eles.


Se por exemplo, o medo é ao demo desencaminador que aparece nos camiños, podes cantarlle esta canción:
“Demo escoita o que che pido
que apartes do camiño
que teño que ir a bailar”
E así para cada medo, todos teñen un conto ou unha canción!

A Vinganza de POICAWEN. Raquel García Crespo e o seu compañeiro teatrelizaron o conto “A Vinganza de Poicawen”. O tema principal do conto baseouse sobre o coidado e o respecto da nosa nai natureza.
Grazas por estar connós Raquel.

Onte a tarde encheuse a biblio de música, poesía e paz con Soñando inventei de María Faltri e Jorge Juncal. As cancións que se interpretaron no espectáculo forman parte do libro disco “Fantasía coas palabras”. Neste concerto mestúrase música e poesía que conta como sentirse en paz, fala de persoas que non queren ser xulgadas polo seu aspecto ou identidade, libres para ser elas mesmas.



Séguenos