
Onte, 30 de setembro, estivo connosco Proyecto Bululú co seu espectáculo “Contos do revés”, unha forma moi orixinal e divertida de recordar os contos de toda a vida dende outra perspectiva, e aínda que algúns dos participantes parecía non estar moi de acordo con estas novas adaptacións…

…toda a rapazada gozou dunha tarde de contos como fai tempo que non se vía na Biblioteca, soamente había que escoitar a algarabía que procedía da sala infantil.

A Biblioteca Municipal Os Templarios (O Temple – Cambre) contou -este xoves 30- coa divertida sesión “Cinema Marabillas”: un espectáculo de contos clásicos como Alicia no país das marabillas, Peter Pan ou o Mago de Oz que proxectou películas mudas ás que Raquel Queizás puxo voz, xogando cos efectos técnicos para fusionarse coas personaxes.

No día de onte estivo con nós o Calvorota, que se achegou até a biblio de Mondariz-Balneario para traernos contacontos, maxia e monicreques.

O pasado día 29 de setembro, estivo con nos Harris, a toupa arqueloga, para facer desfrutar a nenos e maiores coas súas aventuras.
Unha orixinal maneira de achegar as mámoas e o patrimonio cultural aos máis pequenos/as.

A soprano Esperanza Mara ensinou música e instrumentos en Padrón, ademáis de deleitarnos coa súa marabillosa voz.

Esta semana visitou a nosa biblio a escritora Antía Yáñez, cunha proposta divertidísima en formato de escape room que puxo a proba a habilidade, o enxenio e o traballo en equipo dos nosos usuarios/as mais novos/as.
O pasado luns 27, a Bruxa Chispum pasouse por Mugardos para amenizar cos seus contos aos pequenos/as de Mugardos.


Onte estivo con nos Caxoto para facer desfrutar a nenos e maiores cas súas historias, cancións e presenza escénica.
Oxalá volva pronto!




Séguenos