“ESPANTAMEDOS” en Vimianzo
O 21 de Outubro Inacio Vilariño chegou ao Auditorio de Vimianzo con moitos contos de medo e moitos remedios contra esos medos.
Un espectáculo cheo de risas, cancións e moita participación do público



O 21 de Outubro Inacio Vilariño chegou ao Auditorio de Vimianzo con moitos contos de medo e moitos remedios contra esos medos.
Un espectáculo cheo de risas, cancións e moita participación do público



Na fría mañá do día 19 de outubro, no CEIP Plurilingüe Manuel Sieiro de Crecente , o MeRe Clown contou a verdadeira historia de Hamelin as nenas e nenos de 3 e 4 anos
de primaria.
É una adaptación do conto ” O Flautista de Hamelin” con acrobacias e malabarismos que encantaron aos asistentes.



A tarde do mércores foi do máis entretida na biblio de Buxantes.
O Capitán Igualdade visitounos e contounos a historia dunha nena que quería ser pirata e dun neno ao que lle encantaba pintar as unllas.
Díxonos que todos e todas podemos ser o que queiramos, que non hai unhas cousas de nenas e outras de nenos.
Todos e todas somos iguais!
Encantounos a contada!


A cinecleta chega a biblioteca. Proxecto de achegamento á cultura cinematográfica e a divulgación ambiental dos fondos mariños.




Como todos os nenos e negas saben, os Nortis son un seres imaxinarios moi especiais. Habitan no mundo da creatividade e o que máis aman son os libros!!! Estes seres axudan aos nenos e nenas a despertar a súa imaxinación a través de contos e lendas.
Juste Kamishibai é un artista dos teatriños de papel e, igual que os nenos, gusta de inventar figuriñas para atrapar a atención dos máis pequenos, que fican cautivos das súas historias, contadas a través de despregables pop-up, mecanismos móbiles e xogos de luces.
O martes 19 de outubro, XAROPE TULÚ nos presentou a súa actividade de “UTOPIAS: narración con obxectos”. Un espectáculo que combina a narración oral e a manipulación de obxectos, contando historias que fixeron a ledicia do público asistente.


Onte achegouse ata a Biblioteca Municipal de Zas Felipe Díaz, CAXOTO, co seu Contacontos para bebés titulado “Levántate Xan”, dentro da
programación de Outono da
s Bibliotecas Municipais. Aí van un par de imaxes…
O 20 de outubro MeRe Clown contoulles os nenos de Vimianzo “A verdadeira historia de Hamelín”. Utilizou malabares, equilibrios, acrobacias, clow… para facer un espectáculo moi dinámico e entretido



O día 19 de outubro os nenos de Vimianzo gozaron das historias de Artur Trillo: Rosa Caramelo, Bonobos con lentes, Artur e Clementina e outras historias



Séguenos