Mundos contados na Biblioteca de Moaña
Que ben o pasamos e canto aprendemos na biblioteca de Moaña cos contos de Marta Ríos de Talía Teatro. Xirou a bola do mundo para que puidésemos escoitar historias doutras latitudes que nos fixeron viaxar coa nosa imaxinación.