Contamaxias co Mago Paco en Caldas de Reis
O venres 10 de xuño a Biblioteca pública municipal “P. M. Martínez Ferro” estivo chea de familias que viñeron á actividade de contos e maxia do Mago Paco. Como é habitual cando nos visita houbo moita participación da rapazada que non quixo perderse esta fantástica proposta que lles fixemos desde a biblioteca municipal e onde a diversión estaba asegurada.




