Obradoiro de imprenta na Biblioteca Pública do Milladoiro
Con motivo das Letras Galegas visitáronnos Cris e Jean. Os rapaces e rapazas que viñeron celebrar na biblioteca este día tan especial aprenderon o funcionamento da imprenta e elaboraron un fermoso fanzine sobre a vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán.