Debuxar letras na BPM de Valdoviño
Un obradoiro para disfrutar creando alfabetos en branco e negro e cor no que poden compartir aprendizaxes tanto adultos como nenas e nenos.

Un obradoiro para disfrutar creando alfabetos en branco e negro e cor no que poden compartir aprendizaxes tanto adultos como nenas e nenos.

Oscar e Miguel forman Minguante, un duo que ofrece un espectáculo en acústico de poemas musicados en galego e de autores galegos

A bruxa Maruxa non quere ser bruxa, quere ser contiñeira. Filla, Neta e Bisneta de Bruxas, esta rapaza irá contando a súa historia á vez que introduce no diálogo contos da literatura galega e algunhas cancións populares. Ademais, buscará a participación activa dos asistentes na repetición das cantigas, meigallos e na narración dos contos.
Nenos, nenas e familias participaron con entusiasmo, cantaron, bailaron e botaron unhas risas.


“Trispilistriñas. Contos para bebés” é unha actividade de narración oral destinada a bebés de entre 0 e 3 anos e acompañantes cunha duración aproximada duns 35 minutos. “Trispilistriñas trispilistriñas o que non come non ten barriguiñas, trispilistrolas trispilistrolas o que non come non ten barrigolas.” Temos unha riqueza espectacular na nosa tradición oral que precisa ser recuperada. Sesión de contos, arrolos, cantos, xogos e ladaíñas para bebés e acompañantes.
Nenos, nenas e familias pasaron un bo rato de lecer e participaron activamente na actividade.
O pasado día 24 de outubro puidemos gozar da obra teatral “Estrazalonia”, da compañía “O baúl da tía tola”.
Un espectáculo dirixido a nenas e nenos de 1 a 5 anos para que viaxen, a través das emocións, sensacións, sorpresas e ilusións, ao mundo de Estrazalonia, onde ademais de falar galego tamén se fala o “tilintilonio”.
O público infantil pasouno en grande con este espectáculo tan divertido.

O día 24 de outubro, con motivo do día das Bibliotecas, na nosa B.P.M. de Carballeda de Avia, tivemos a sorte de contar con Dada o Duende (Eduvía. Vías para a educación) que nos veu relatar uns contos moi chulos e pasámolo xenial!!!
O 29 de agosto de 2022 a B.P.M de Carballeda de Avia, organizou para o campamento de verán “Summer Time” de Carballeda de Avia o obradoiro Conto Máxico da man de A Escola das Utopías, pasámolo xenial facendo o noso conto máxico.
Con motivo do día das Letras Galegas, dende a B.P.M. de Carballeda de Avia organizamos un contacontos ilustrado sobre a vida do homenaxeado deste ano, Florencio Delgado de Gurriarán, da man de Polo Correo do Vento, este contacontos foi realizado no C.E.I.P Pena Corneira o día 10 de maio de 2022 e tanto alumnas e alumnos como profesores pasámolo moi ben.
Con motivo do día do libro, o 26 de abril de 2022 a B.P.M. de Carballeda de Avia organizou no C.E.I.P. Pena Corneira de Carballeda de Avia o contacontos “A nena que se comía todos os contos” de Trémola teatro.
Tanto as alumnas e alumnos como o profesorado e a bibliotecaria pasámolo moi ben con este contacontos. Quedamos todos encantados!!!


Séguenos