LCM-Biblioteca P.M.Barreiros – “Superheroe” 26/07/23
Espectáculo dinámico,donde o actor (Fran Rei)homenaxea a tod@s @s “Superheroes”e “Superheroinas”do día a día,que fan máis doada a vida cotidiá,conciliando a vida laboral,persoal e familiar.


Espectáculo dinámico,donde o actor (Fran Rei)homenaxea a tod@s @s “Superheroes”e “Superheroinas”do día a día,que fan máis doada a vida cotidiá,conciliando a vida laboral,persoal e familiar.


Hoxe 27 de xullo, tivo lugar a actividade: descubrindo o mundo coa microbioloxía, a cargo de Fanny Medioambiente.
Unha actividade interesante, que acercou aos máis pequenos e pequenas ao mundo pequeno. Disfrutaron e aprenderon un montón.
Sorprendente!!! Hai que ver as súas cariñas.

O día 26/07/2023 de 11:30 a 12:30 h. na Biblioteca municipal Segundo Gil Dávila de Arbo tivo lugar a actividade de escapismo “Scape Room” na que 23 nenos e nenas de nove a trece anos de idade, participaron nunha dinámica de adiviñanzas na que tiveron que ir resolvendo acertixos mediante a apertura de mochilas con pistas agochadas por todo o espazo da biblioteca e mediante notas escondidas e coladas nos estantes e libros. A dinámica tiña como obxetivo principal concienciar aos cativos sobre as consecuencias do uso dos adxectivos despectivos cara a outros compañeiros. Non houbo gañadores, xa que no final do xogo a animadora deulles unha interesante explicación sobre o que fixeron e sobre a importancia de reflexionar e pensar ben antes de usar certos adxectivos que poidan ferir a sensibilidade de compañeiros.
O día 12/07/2023 de 11:30 a 12:30 h na Biblioteca Municipal Segundo Gil Davila de Arbo tivo lugar esta actividade de contacontos infantís centrada nos contos que tradicionalmente contaron os avós aos seus netos, pero neste caso introducindo un aspecto teatralizado moi entretido para os cativos, que estiveron moi atentos e interactuaron moito co artista, cantando e tararexando ao seu carón sen perder o fío dos contos, que os tiveron moi entretidos durante a hora de actuación. O artista, a pesares de ser de orixe asturiano, fala un galego moi rico e cheo de matices, cun vocabulario moi ben recuperado que nos traslada a eses contos de avós de un xeito moi lindo. Ademais, consegue que os cativos participen a través de preguntas e respostas que achegan aos meniños ó mundo dos contos tradicionais. A actuación comezou ás 11.30 h e rematou ás 12.30 h; acudiron un total de 37 nenos e nenas de seis a trece anos de idade.
O espectáculo «O conto de Barriga Verde», con Fran Rei, escrito por Avelino González a partir de tres obras de Manuel María chegou ata o Salón de Plenos adxacente á Axencia de lectura de Parada de Sil o dia 20 de xullo ás 11:30 para facer as delicias de nenos e maiores.
Fran Rei presentou o seu nuevo espectáculo unipersonal que mezcla narración oral, humor e maxia.
Os pequenos e non tan pequenos da vila acudiron a ver esta presentación con gran ilusión e moita presa por comezar.


O venres 21 de xullo contamos coa dramatización das aventuras de Cecilia unha nena que recibe unha carta moi especial dende o pais dos bonecos. Ingrid, a súa boneca, está atrapada e precisa axuda para converterse en humana… “Só por amor doutra humana conseguirás abrir as portas que te conducirán á liberdade”.


Compañia A Run Run, grazas pola vosa profesionalidades.
Foron moitos os nenos e nenas que o pasado venres 21 de xullo asistiron ao contacontos “Historias de Bicharracos”, de Marcos Dios Aguado, contos e fábulas de aprendizaxe convertidos en cancións, e outras historias coas que pasamos un rato ben divertido.
Grazas Marcos.

O día 23 de Xullo na II Feira da Cultura EnCaMiño tivemos a sorte de contar con Paco Nogueiras. Mais de 70 persoas entre nenos, nenas e maiores gozaron bailando e cantando as cancións de Radio Bulebule.
Como sempre Paco Nogueiras xenial


Foron moitos os nenos e nenas que o pasado sábado 22 de xulio asistiron ao contacontos de Paula Carballeira dentro da programación da II Feira da Cultura EnCaMiño celebrada en Miño os días 21, 22 e 23 de Xullo.
Como sempre Paula non defraudou
O pasado luns os cativos de Santiso aprenderon un montón coa actividade de Robótica educativa!



Séguenos