Iria Pinheiro achegou a Cambre outra visión da Carrapuchiña Vermella
Este mércores, as nenas e nenos de Cambre puideron achegarse a unha visión diferente do conto popular da Carrapuchiña Vermella.
O espectáculo NINA, da man de Iria Pinheiro, trouxo á Biblioteca Central María Pita unha ollada positiva sobre a nosa relación coa natureza e tamén sobre o trato que temos con outros seres diferentes a nós.






