Iria Pinheiro achegou a Cambre outra visión da Carrapuchiña Vermella
Este mércores, as nenas e nenos de Cambre puideron achegarse a unha visión diferente do conto popular da Carrapuchiña Vermella.
Este mércores, as nenas e nenos de Cambre puideron achegarse a unha visión diferente do conto popular da Carrapuchiña Vermella.
Hove tivemos contacontos na Biblioteca Pública Municipal “Casa Habanera”
Con Aitana e a avoa, aprendemos a atopar cancións e xogos de tradición oral que dormen escondidos na memoria das nais e avoas, porque elas tamén foron nenas. Outros contos violetas é un compedio de libros e albúms ilustrados que axudan a visibilizar os vínculos amorosos que forxamos dende pequenas ou romper estereotipos con Princesas que soltan peidos.
Mirade que ven o pasamos!!
Achegaronse a nosa biblioteca os nenos e nenas que están a participar no Concilia 2023 e tamén un grupiño de usuarios e usuarias de Centro de Día Casa Capataz.
Moitas gracias por vires a todos e a todas!!
O luns 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas, unha data para trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura, e como un instrumento de mellora da formación e a convivencia humana.
Para conmemorar esta efeméride tan especial, a biblioteca municipal organizou unha actividade de animación para crianzas que contou coa presenza da escritora e narradora Charo Pita que presentou en Brión o contacontos “Andar aos biosbardos”. Ler máis →
O mércores 9 de setembro tivemos o pracer de escoitar a Sole Felloza coa súa proposta de igualdade.
Desde os seus recordos de infancia ata as aventuras de Iria, o espantallo, a ra…para mostrarnos que todos debemos respetar ós demais e loitar polos nosos sonos.
Foi unha sesión moi divertida e gustou tanto a maiores coma a pequenos. Mantendo as normas de seguridade, debemos seguir a disfrutar dos nosos narradores. Porque tod@s necesitamos contos!
Gracias Sole.
Novo Encontro para pais, nais, fillas e fillos, nos que tentamos achegar varias temáticas baixo unha visión sinxela, amena, con humor e empregando os recursos dos que dispón a biblioteca xunto á colaboración de diferentes profesionais.
Nesta ocasión a nosa invitada foi Paula Carballeira. Pometeunos acompañarnos, coñecer algún medo, algunha terra de lonxe, algo dela e da súa familia. Prometeunos sorpresas, aventuras e sorrisos e conseguino de cheo.
Coma sempre un pracer!
Biblioteca Municipal Os Rosales
Celebramos un obradoiro de creatividade con Olga Abad, no que ademáis a narración oral estivo moi presente.
Pais e nais, xunto con Olga e todos colaborando para dar a coñecer ás novas xeracións a máis antiga narración oral galega.
Para nenos e nenas de 4 a 8 anos. Con iste obradoiro rematamos as nosas actividades do programa Ler Conta Moito
Para máis información sobre este evento, clicar aquí.
Séguenos