Obradoiro de banda deseñada en A Barcala (Cambre)

A biblioteca municipal Xabier P. Docampo ofreceu, este venres, unha interesante sesión da actividade ‘Fai o teu comic!’, da man de Iria, ilustradora e deseñadora gráfica.

A rapazada achegouse ás técnicas da banda deseñada e puxo en práctica o aprendido, comezando a crear personaxes e historias propias.




