Paula Carballeira na Biblioteca de Vilalonga



Non todo o mundo sabe que as bruxas son intelixentes, as curuxas astutas e os sapos valentes, pero quen si o sabe estivo esta tarde na Biblioteca de Vilalonga, estamos a falar de Paula Carballeira. Fixo a delicia ddos nenos e nenas que estaban acompañados dos seus pais.
Xuntos descubriron as lendas dun país moi moi lonxe de aquí, nin máis nin menos que de Bagdad, famosa polos seus contos, onde aprecen botellas con xenios no seu interior, alfombras voadoras etc. para dar logo un xiro xigante, e volver aos contos de sapos, bruxas e curuxas.
En todo momento os nenos seguiron o ritmo xestual que marcaba Paula, mentres narraba os contos. Foi unha sesión moi participativa, o que fixo quedar con ganas de máis.

















Séguenos