Aventura de escape room na Biblioteca José Saramago do CSC de Vite
Na tarde do luns 27 de maio, dez usuarias da Biblioteca José Saramago do CSC de Vite atrevéronse a resolver un enigma de escándalo! Seguindo as pistas e probas atopadas, conseguiron averiguar o contrasinal de diversos cadeados. Así, por medio do enxeño e do traballo en equipo, o grupo conseguiu revelar a identidade da personaxe culpable de desordenar a biblioteca durante o Espectáculo do Mago X. A actividade era unha completa novidade para as dez mulleres participantes; porén, logrou espertar o seu entusiasmo e as ganas de dar coa solución. Ademais, aprenderon a non deixarse levar polos prexuízos atribuídos de primeiras ás personaxes e o resultado sorprendeunas ao rachar estereotipos. Entón, da man de “Batucado y Emusin”, este escape room foi unha actividade entretida e orixinal.










As persoas participantes, todo o alumnado do Ceip Rosalía de Castro de Bóveda, desfrutaron coa proposta da arquitecta Sheila García.













Séguenos