Biblioteca municipal de Ferrol e Lucía Jares

Asistentes a primeria sesión de Mares de Letras.

Asistentes a primeria sesión de Mares de Letras.
Para conmemorar o día das nosas Letras, contamos o día 15 de maio ca actuación do grupo A RunRun, representando a obra didáctica familiar “Museo Luisa Villalta”; unha maneira moi moi pero que moi divertida de achegarnos á figura da polifacética Luísa Villalta, homenaxeada este ano.
Maiores e rapazada desfrutaron dunha actividade familiar, didáctica e moi divertida, aprendendo, cantando e bailando os ditos polulares e cantares da nosa terra, da man de “Bibliocanta”
Interesante actividade onde os rapaces e rapazas desfrutaron e experimentaron co mundo da robótica

O venres 31 de xuño coñecimos da man de Cachirulo as aventuras de Alicia no País das Maravillas, un espectáculo con monicreques que adapta o clásico de Lewis Carroll apto para todos os públicos. Humor e fantasía para pasalo en grande.
O sábado, 1 de xuño, na Biblioteca de Viveiro estuvo con nós Sarabela Teatro coa actuación “O lapis de Martín”.
Viñ
eron moitos nenos/as con algúns papás e
mamás e aprenderon moitas cousas, sobre todo como empregar a imaxinación.

Hoxe, sábado 1 de xuño, recibimos no CSC de Santa Marta, en Santiago de Compostela, a visita de Patricia de Eduvía que veu presentarnos unha sesión de contacontos destinada a bebés de 0 a 3 anos e a adultos e adultas acompañantes.
A través das emocións e a experimentación, os máis pequenos puideron gozar dunha experiencia feliz, ao tempo que as súas familias adquirían ferramentas para potenciar a experiencia da lectura cos seus fillos e fillas.
Unha vez finalizado o contacontos, os asistentes achegáronse á biblioteca a coñecer a nosa sección de pequenos lectores.

Hoxe unha moura e un trasno visitaron a nosa biblioteca para estar cos nenos e nenas de Chantada porque queren salvar o bosque e precisan a axuda de todos os asistentes.
Para iso deben atravesar probas e descubrir a mitoloxía e a natureza galegas entre xogos, contos, cancións e malabares.
Actividade moi participativa e entretida.


Unhas trinta persoas disfrutaron do espectáculo de Jara Ortiz na Biblioteca de Conxo.
A artista conduciu á rapazada, moi atenta e participativa, ó mundo das regueifas e cantareiras.
Declamou con moito sentimento os versos da poeta de Cantares Gallegos coa axuda do bombo e a pandeireta.



Séguenos