Brinca vai! III Feira da Cultura EnCaMiño



O xoves día 18 volveron outra vez á biblioteca de Beariz as mozas de “Heroes para a ciencia”. Fixeron varios experimentos moi divertidos que gustaron a todos os asistentes, moitos deles con ganas de repetilos en casa. Pasamos unha mañá moi amena e interesante.
Grazas pola vosa visita.
Contacontos con Obradoiro de Ciencia Divertida en A MEZQUITA
Realización dun contacontos no que dende a comedia e a interacción co público, facemos un achegamento as persoas participantes ao mundo da ciencia e a relevancia da figura da muller neste ámbito a través do tempo.
Tralo conto, realízase un obradoiro de ciencia divertida, no que as crianzas pasan a converterse en pequenas científicas elaborando as súas propias masas máxicas que levarán como agasallo ao rematar a actividade. Estivo moi ameno e os nenos quedaron encantados



Desenvolta dentro da programación da feira do libro de Carballo, A PLIC, a súa narración oral con acompañamento musical fixo as delicias dos máis cativos. As notas do seu acordeón agradaron a adultos e nenos que desfrutaron moito.
Todos remataron con gañas de mais.


O pasado sábado o artista Pakolas estivo en Rodiño (Boqueixón) contando e cantando a historia de Ramona Órbita que viaxa na máquina do tempo para procurar un mundo máis ecolóxico.
Moita diversión e participación do público co seu estilo rockeiro !!!


Onte 16 de xullo tivo lugar en Riós, a actividade de promoción da lectura: A nena que sabía falar cos animais, prevista dentro do programa Ler Conta Moito 2024.
A esta actividade asistiron os nenos e nenas do noso concello que participan doutras actividades, pero tamén desta en particular. Foi moi amena e interesante.

Sabela Losada presentou ás Cativadas de Verán de Vite unha singradura que lembraba ó clásico Xogo da Oca.
Os trinta participantes formaron equipos e completaron a Ruta Xacobea grazas á axuda dun dado xigante.
Aprenderon sobre as Cantigas medievais e sobre a orixe das frechas amarelas. Tamén sobre mulleres que deixaron pegada na ruta:
Exeria, que redactou un caderno de viaxes no século IV, ou María Pérez quen cara o 1300 pintaba cunchas e as vendía converténdose así nos primeiros souvenirs do Camiño.
Dentro do programa Ler conta Moito, o venres achegouse a Pereiro a compañía A Run Run. Cecilia queríalle dar vida a súa boneca e para conseguilo tiña que durmir e cumprir unha serie de misións que lle mandaban diferentes personaxes.

Este luns, os máis pequenos/as de Santiso, levaron a cabo un obradoiro de imaxinación e creatividade no que a muller xogaba un papel moi importante.

O pasado luns, día 8, preto de 40 nenos/as debuxaron a través dun obradoiro de comic unha chea de persoaxes. Foi unha sesión moi divertida e con moito talento.



Séguenos