IGUAIS E DIFERENTES NA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL IRMÁNS RICOI DE CAMPO LAMEIRO
O pasado luns, gozamos, na biblioteca pública municipal, dun bonito espectáculo da man de Manuel Solla de Expresión Produccións.
Foi un contacontos divertido e con moitas sorpresas para darnos unha estupenda lección sobre igualdade de xénero e para ter en conta unha lema moi importante: SE QUERES, PODES.
A través dos contos, da maxia e dos xogos puxemos énfases na toma de conciencia de que todos somos iguais e temos os mesmos dereitos e deberes.
Manuel cativou a nenos e adultos cun contacontos moi entretido. “Cando as nenas voan alto” de Raquel Díaz Reguera, e “Maruxa”, de Eva Mejuto foron as historias escollidas.
Entre todos, cociñamos un biscoito de forma máxica que puidemos saborear ao final da actuación. Foi unha divertida sorpresa. Que ben o pasamos!





















Séguenos