Animaladas en Trazo con Teatro Calavera
Este sábado tivemos unha misión do máis divertida na Selva Pitiminí, na que todos os participantes acabaron converténdose en auténticos exploradores a través do teatro, xogo e baile
.
Este sábado tivemos unha misión do máis divertida na Selva Pitiminí, na que todos os participantes acabaron converténdose en auténticos exploradores a través do teatro, xogo e baile
.
O pasado venres 27 de setembro os 21 rapaces que se inscribiron neste obradoiro
con Santy Gutiérrez debuxaron a súa propia páxina de banda deseñada aprendendo no proceso os recursos propios da linguaxe do cómic: dende o guión ao debuxo, onomatopeias, liñas cinéticas, planos e encadres, deseño de personaxes, estilos, etc. E todo isto nunha hora chea de diversión!
O venres 27 de setembro recibimos a visita do Ratos de Lonxedetodo, que viñeron contar a historia de Manolo Caracol e a súa historia de amor. Espectáculo infantil que combina música, narración oral e títeres para facer desfrutar ao público infantil e tamén aos maiores

O pasado xoves, o autor Antonio Fraga sumerxiu nunha aventura á rapazada da Biblioteca municipal de Mugardos para, coa axuda de todos e todas, tentar coñecer quen se agochaba detrás da misteriosa Negra Sombra. Unha tarde moi amena e participativa.

O venres 27 de setembro Xabi do camiño e Cris de Caldas achegáronse a biblioteca de Tirán para agasallar aos máis cativos con contos e cancións. Contos, son, rimas, xogos e arrolos que cautivaron a todo o público.

O venres 27 as 18:00 horas tivo lugar no Concello de Paderne un divertido espectáculo de maxia a cargo de Pedro García Bugarín. Un show onde o humor está presente en todo momento xunto coa maxia. Onde os presentes participaron en todo momento, resultando unha tarde emocionante e novidosa.



Séguenos