Un Mar de Cores na Biblioteca Pública Municipal María Baña de Cabana de Bergantiños
Contacontos no que viaxamos as Américas con Castelao
Contacontos no que viaxamos as Américas con Castelao
Pipo, non sabía voar.
Durante o conto, foi chamando o varios animais, para axudarlle a voar.
A rapazada coloborou nas distinta probas que propuxeron os distintos animais.



Arrincamos o mes do libro coa sesión de contacontos para bebés de Trémola Teatro “Pipo e o paxaro que non sabia voar”, unha mañá chea de historias, música e pompas de xabón na que os máis pequenos puideron desfrutar da compañía de pipo, o paxariño que non sabía voar , pero que finalmente si foi capaz.





O Día do libro infantil e xuxenil celebramos con todos os nenos , pais e nais unha xornada divertida con un contacontos: Pipo o paxaro que non sabía voar,representado polo Teatro Trémola.
O 4 de abril, ás 17.30 horas desenvolveuse na biblioteca municipal do Grove o espectáculo de narración e monicreques “Os descontacontos” a cargo de Galitoon e dirixido á rapazada a partir de 3 anos.

Un espectáculo para homenaxear a todos os avós e avoas que nos contaban os contos co avó D. Carmelo, que comeza a contar os contos polo final ou non se lembra deles e cada vez que intenta contar un, esquécese do argumento e inventa e argalla personaxes estrañas e cousas inverosímiles… , e co seu inseparable canciño Rús que, coa , axuda do público, conseguía rematar os contos.


Contos en construción estivo unha vez máis en Camariñas. Os nenos non quixeron perder a oportunidade de facer a vivenda para os seu porquiño e guiados por Sheila expresaron todo o seu potencial. Alto grao de satisfación.


Día do libro infantil e xuvenil, celebrámolo ca visita do ratiño Fuco, de Trinke Trinke Teatro, viaxamos e cantamos. Un sesión espectacular


Coincidindo co día da Narración Oral, celebramos unha sesión de Conta Contos da man de Raquel Méndez de OQO Editora. Podemos decir, que disfrutamos de contos clásicos moi ben contados.
Recibimos a FRAN AMEIXEIRAS de Bandullo Azul que nos trouxo o seu espectáculo “HISTORIAS DUN MUNDO GRANDE” ao que asistiron o alumnado de Infantil e 1º/2º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e da EEI “A Galeriña” de Nespereira, ademais de varios usuarios da Asociación Aspavi.
En “HISTORIAS DUN MUNDO GRANDE” a cadeliña Becki -desde a súa biblioteca onde pasa tanto tempo lendo e escribindo- coa axuda de Fran Ameixeiras contáronnos historias que Becki foi coñecendo nas súas viaxes polo mundo. Historias de colaboración e de solidariedade entre as persoas que cantamos e bailamos para celebrar o respecto e a felicidade; historias diferentes, de culturas diferentes, de persoas diferentes. E a curiosidade e a empatía por esas outras culturas, esas outras persoas, axudaránnos a mellorar o planeta que habitamos e a facer del un lugar máis pacífico e amoroso.
Desde a Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén – BiblioPazos queremos agradecer ao CPI “Curros Enríquez” de Pazos a cesión dos seus espazos para poder realizar esta actividade. Tamén agradecer a asistencia do alumnado tanto do CPI como da EEI “A Galeriña” de Nespereira e dos usuarios da Asociación ASPAVI.
E, por último, agradecer a Fran Ameixeiras de Bandullo Azul a súa visita a Pazos de Borbén e polo seu estupendo traballo para facernos pasar un boísimo rato na súa compañía e na da cadeliña Becki.
Aquí deixamos unhas imaxes do evento para que vexades o ben que o pasamos.



Hoxe celebramos o día internacional do libro infantil e xuvenil coa visita de Anxo Moure que sempre desperta curiosidade e participación dos nenos e nenas.Mezcla música,narración,baile e xogos para todos
Aparte de contarlles os seus contos de cuidado da natureza ,tamén viaxaron na súa bicicleta cargada de libros e pasarono moi ben tanto os da galiña azul coma os de infantil do colexio de Antas de Ulla.


Séguenos