“O curral de Cocoricoricó” na Biblioteca Municipal do Grove
Trinta bebés, acompañados de pais, nais e irmáns, participaron o sábado na actividade de contacontos “O curral de Cocoricoricó” a cargo de Charo Pita

Os asistentes asistiron ás aventuras e peripecias de Cocoricoricó e os seus compañeiros de curral na búsqueda do Arco da Vella. Xogaron, cantaron e pasaron un momento de lecer en familia.





