Risadas a conta de “A cabeza do dragón” na BPM de Láncara
Se xuntamos un príncipe desterrado, un trasno falcatrueiro, un bandoleiro, un dragón, unha princesa e un rei, xa podemos contar unha boa historia. Se ademais lle engadimos a destreza dun bon actor dándolle vida aos monicreques e narrando a historia, temos unha gran representación.
Todos os asistentes á sesión de marionetas do sábado, adultos e crianzas, pasárono en grande con moitas risas e participando para que se fixera xustiza e tivera un final feliz.







