Unha viaxe no tempo e nos contos na B.P.M. de Láncara
Grazas a “Caxoto”, en Láncara puidemos viaxar a través do tempo e dos contos até atopar a primeira narración feminista da historia da literatura, nos tempos do Rei Arturo. Foi difícil xa que as narracións orais, feitas na súa maioría por mulleres, foron transcritas por homes.
Contáronos e contamos contos, e ata aprendemos antigas técnicas de defensa femininas no baile por se damos con algún cotifeiro… Foi un contacontos moi ameno, no cal destacaron a muller e o feminismo.