“Donas do lugar” con María da Pontragha na Biblioteca Pública Municipal José Saramago do CSC de Fontiñas

O martes 27 de maio recibimos a María da Pontragha na nosa biblioteca. María contounos historias cotiás de mulleres, que inspiran e provocan tenrura, e algunha lenda dun tempo pasado da nosa terra dun xeito tan divertido que nos fixo rir ás gargalladas. A través destas historias, María amosa a forza, a valentía, a insubmisión, a solidariedade, o apoio… que estas mulleres teceron nunha sociedade tan cativa que as limitaba. E aínda tivo folgos para cantar algunha pequena canción e regueifa que fixo, se cabe, máis amena a narración. Pasámolo xenial, moitas grazas!






Séguenos