‘Contamaxias’ en Cambre co Mago Paco

Os nenos e nenas de Cambre achegáronse, onte, á lectura a través dos contos, os xogos e a maxia, nunha tarde familiar e divertida.
Este xoves, O Mago Paco visitou a Biblioteca Municipal Os Templarios (O temple – Cambre) coa súa divertida función “Contamaxias”. Un espectáculo de animación á lectura, a través da maxia, para público infantil e familiar.





