Arte nos libros na Biblioteca Central Rialeda (Oleiros)
O xoves, 6 de outubro, contamos con Xosé Luís Cousillas e o seu obradoiro Arte nos libros, neste caso dedicado ao pintor Luís Seoane.

En primeiro lugar os nenos e nenas asistiron a unha presentación sobre a figura do pintor. Esta consistiu nun breve apunte biográfico e tamén mostrou debuxos e portadas de libros e outras creacións realizadas polo autor en diferentes artes.

Despois realizaron unha ilustración de motivo mariño, inspirada nun dos debuxos de Luís Seoane. O obxectivo era realizar a ilustración sen necesidade de lapis nin pintura, simplemente dando forma ás cartolinas coas tesouras.






O 1 de outubro tivemos a sorte de gozar coa sesión “Contos do chupete” a cargo de Migallas Teatro. 













Séguenos