Obradoiro de Ler conta moito “Da árbore ao libro” con Cuarto de inverno na biblioteca de Dorneda
Na Biblioteca Municipal de Dorneda aconteceu un obradoiro “Da árbore ao libro” da man de Cuarto de inverno, o día 6 de outubro ás 17:30 h., no que nenos e nenas disfrutaron confeccionando un libro partindo de cero, coa súa cuberta e libriño debidamente decorados. Martín, o monitor encargado da actividade, explicoulles a todos, con anterioridade, un pouco a historia de cómo se fai un libro e de tódolos responsables do proceso. Os rapaces quedaron contentos co resultado e entenderon moi ben a explicación de Martín. Todos se foron felices para casa despois de pasar un anaco educativo, divertido e agradable.


















Séguenos