24/09/2013

A nosa experiencia con este Taller de plastilina chamado “Instantáneas de plastilina” é moi positiva.
O taller o fixemos o luns, día 23 de setembro de 2013, das 18,30 ás 20,30. Este tempo é moi necesario sobre todo porque traballamos con nenos e neas de curta idade.
Despois de que se puxeron por grupos de 3 ou 4 nenos e nenas, explicouselles a idea do taller. entón é cando eles empezaron a dar conta da súa imaxinación e creatividade.
En todo momento estiveron guiados e asistidos por María Noel Toledo, a creadora do taller. E a parte de ensinarlles “trucos” para que algunhas cousas saíran ou aguantaran mellor non condicinou a imaxinación dos rapaces.
De feito penso que se poderían crear diferentes niveis de coñecemento para poder ter unha continuidade dunha tempada para outra, xa que non é o mesmo traballar cos nenos e nenas que xa teñen uns coñecementos previos que partir de cero. Si partes de cero o tempo queda máis ben escaso, por que hai que atender a un total de 17 asistentes. Destos 17, nenos eran 4 e nenas 13. e si estes rapaces e rapazas tiveran ocasión de facer outros taller máis avanzado sería un xeito de que aprenderan máis sobre este fascinante material e a mellor forma de crear con el.

Séguenos