Caxoto na Biblioteca Municipal Isidro Novo
Caxoto chegou cargado cos seus instrumentos de traballo disposto a contar ao público asistente unha chea de contos para concienciarnos da importancia de coidar o medio.



Caxoto chegou cargado cos seus instrumentos de traballo disposto a contar ao público asistente unha chea de contos para concienciarnos da importancia de coidar o medio.



Os Monicreques de Kukas representaron en Lugo a súa obra “Xan Perillán e a maleta máxica”. O protagonista, Xan Perillán, contou coa axuda da rapazada para organizar a súa viaxe a Pernambuco. Unha organización que resultou do máis divertida para pequenos e maiores.
Un espectáculo de gran calidade!



Celtia Figueiras, de A Xanela do Maxín contounos a historia de Lúa, unha gatiña que non come ratos. O seu desexo é viaxar polo mundo e ir á universidade. A súa aboa e o seu amigo gato queren que quede na casa, pero ela non se resigna…


Unha historia na que os valores de igualdade están presentes e que encantou a nenos e nenas.
Inacio Vilariño, de Fantoches Baj, presentounos onte na Biblioteca Municipal de Lugo unha chea de medos e os divertidos remedios para enfrontarse a eles.


Se por exemplo, o medo é ao demo desencaminador que aparece nos camiños, podes cantarlle esta canción:
“Demo escoita o que che pido
que apartes do camiño
que teño que ir a bailar”
E así para cada medo, todos teñen un conto ou unha canción!

Divertidísmo percorrido pola historia da man de Teatro Ghazafelhos. Grazas á máquina do tempo da doutora Mon, viaxamos polas distintas épocas históricas, desde o Xurásico ata a Idade Contemporánea

E coñecimos á mona Lucy, a un cavernícola, a Akenatón, a Leonardo da Vinci e ata Neil Armstrong!

Sabela Gago, de Sarabela Teatro, contounos a historia de Noa, unha divertida historia que contou coa participación dos asistentes e coa que se fomenta a igualdade entre nenos e nenas e a importancia da imaxinación.


Non hai mellor maneira de apreciar os contos que que chos conten como fai Vero Rilo. Onte escoitamos historias como Velliñas ou A vaca que puxo un ovo, e se xa antes nos gustaban, agora moito máis!


Caxoto chegou pensando que, como o chef que é, os nenos e nenas viñan preparados para cociñar. Non era así, e o que querían era que lles contara unha historia.

Aínda que se resistiu un pouco, acaboulles contando a historia dunha nena que quería ser pirata. Afortunadamente os nenos e nenas estaban de acordo con que as nenas poden ser o que queiran e que non hai profesións de mulleres nin de homes.

Pablo Díaz chegou á Biblioteca Municipal de Lugo cunha chea de contos.

Pero ademais, ao final, regalounos algunhas das súas cancións máis coñecidas, coas que os nenos e nenas gozaron cantando e bailando.

Anxo Fariña contou ós nenos e nenas da Biblioteca Municipal de Lugo, a súa historia “Dulcinea, a nena cabaleira”

É todo un luxo poder escoitar un conto narrado polo seu propio autor e ilustrador!



Séguenos