23/10/2017
“Arte nos Libros: Luís Seoane” a cargo de Crearte Servizos
Imaxes artísticas, lecturas e actividades plásticas conformaron este divertido obradoiro no que as rapazas e rapaces observaron, dialogaron, xogaron e crearon a partir de imaxes artísticas e textos literarios e estableceron divertidas conexións entre artes visuais, a literatura, a historia e mesmo a ciencia.
Todo isto a través do personaxe de Luís Seoane para coñecer o xeito de pensar e crear deste polifacético artista galego, amigo de Picasso e de moitos outros artistas, que serviu de inspiración para facer a súa propia paisaxe mariña.
Séguenos