30/03/2014
Expresión Produccións achegou ata a Axencia de Lectura “Conto contigo”, un espectáculo de animación á lectura cunha selección de contos, apoiándose nos monicreques e da maxia, creou un espectáculo moi dinámico onde todos participaban.
A narración oral viña acompañada pola manipulación de animais de xoguete, libros e obxectos escénicos que saían da maleta do narrador e que era o nexo común da narración.

Nun principio o narrador pregunta aos participantes se atoparon a Flint, un rato de biblioteca de cor branco, e fai mención do uso responsable dos libros como ferramenta de coñecemento, preguntando aos nenos e nenas se sabían como tratalos.
Despois contou un primeiro relato sobre as peripecias de Juan, un neno que desexaba unha mascota, aludindo á actitude responsable das persoas ao ter una mascota. Utiliza a vocalización para cada unha das personaxes. Despois do conto pediu aos nenos que subiran ao escenario a imitar un animal que o publico tiña que adiviñar.

No segundo relato, O tiburón Conrado, conta as peripecias dun tiburón que naceu sen dentes e que so comía algas e vexetais e que, ao ser diferente, era obxecto de burlas polos demais da manada polo que decidiu marchar. Os asistentes aprenderon unha canción que interpretaron nalgúns momentos do conto co narrador.

Para rematar, o narrador solicitoua a axuda de dous nenos do público que souberan ler e escribir para a realización dun truco de maxia que deixou a todos os asistentes abraiados.
O artista ao final da sesión fixo unha enquisa sobre o visto no espectáculo , preguntando que partes da actividade gustaran mais e o grado de aceptación do público ao que ía dirixido.
Preto de 50 nenos e nenas acompañados dos seus familiares asistiron a “Conto contigo”. O artista engatusou a grandes e pequenos cun ameno espectáculo, onde o espectador estivo participativo dende o principio para axudar ao desenvolvemento das historias.
Séguenos