Estupenda actuación de Manuel Solla Barragáns de Expresión Produccións co seu espectáculo “IGUAIS,DIFERENTES” diante dos alumnos de 3º e 4º de primaria do CPI ¨”Curros Enríquez” de Pazos e dos usuarios da Asociación Aspavi.
O obxectivo desta actividade foi a de promover a igualdade entre homes e mulleres e a loita contra a violencia de xénero.
Excelente actuación de Anxo Moure o pasado día 18 de setembro na Sala de Lectura da Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén – BiblioPazos co seu espectáculo “Unha árbore vén a vernos” dentro do programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO das bibliotecas públicas promovido pola Dirección Xeral de Políticas Culturais, da Consellería de Cultura e Turismo, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coas entidades locais.
Estiveron na biblioteca os teixos, freixos, bidueiras, aciñeiras, buxos… contándonos as súas historias para aprender a abrazar as árbores, a coidar bosques, fragas, soutos… e para plantar unha árbore que conte contos en defensa do futuro.
Participaron desta actividade os alumnos de 1º e 2º de primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e os usuarios da Asociación Aspavi.
O mércores 24 de outubro os alumnos de 5º e 6º de primaria do “CPI Curros Enríquez” de Pazos e usuarios de ASPAVI , disfrutaron desta interesantísima actividade participando moi activamente deste obradoiro de creatividade onde puideron comprobar que facendo as cousas de diferentes formas, pensando e cavilando poder sair moitas novas ideas.
Onte, xoves 25 de novembro os alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO visitaron o “Museo científico” no que puideron mergurallarse e aprender cousas experimentando en directo e disfrutando das explicacións dos monitores Suso e Lana, e da súa axudante Nuria sobre o funcionamento de motores, fluidos, electricidade, etc…
Os asistentes mostraronse moi interesados de toda a explicación e dos recursos postos a súa disposición.
O pasado 28 de setembro tivemos con nos na Sala de Lectura de BiblioPazos á contadora lucense Fátima Fernández que no acompañou esta vez co seu novo espectáculo de narración oral “Os contos da nai da miña nai”. Un espectáculo de historias recollidas da nosa tradición oral e escrita, baseados en mulleres que protagonizaron a nosa historia cotiá e marcaron o noso futuro.
Contos de berce, poesía, contos das avóas… Unha pequena homenaxe a todas as avoas.
Nestas imaxes veredes como disfrutaron da sesión os alumnos de 5º e 6º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI.
O noso agradecemento a Fátima Fernández porque sabemos que realizou un gran esforzo para vir a contarnos estes contos nun momento moi delicado da súa vida persoal.
Unha enorme aperta de todos os teus amigos de Pazos de Borbén.
O pasado venres 21 de setembro, no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén e organizado pola Biblioteca Pública Municipal “BIBLIOPAZOS” tivemos con nos a Paco Nogueiras co seu espectáculo “Radio BULEBULE” baseado no libro-cd-dvd da Editora Kalandraka.
Os alumnos e alumnas de Educación Infantil e os de 1º a 4º de Primaria do Colexio Público Integrado “Curros Enríquez” de Pazos, xunto cos usuarios da Asociación ASPAVI disfrutaron moitísimo deste espectáculo de animación á lectura a través da música, teatro e danza. Abriron as orellas, sintonizaron Radio BULEBULE e cantaron, bailaron e participaron dos concursos do mellor e máis divertido programa de radio da comunidade galega cheo de humor, baile e cancións.
Parabéns para Paco Nogueiras polo seu formidable espectáculo e mil grazas por facer que nos divertíramos tanto.
Acabamos de rematar a celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017 adicado ao autor CARLOS CASARES coa estupendísima actuación de Cris De Caldas co seu espectáculo de narración oral “A galiña azul e compañía” e o posterior obradoiro de marcapáxinas.
Tivemos de invitados a esta actividade aos alumnos de 1º e 2º de Primaria de CPI “Curros Enríquez” de Pazos e a algúns dos alumnos de Asociación Aspavi.
Cris de Caldas explicoulle aos nenos dunha forma moi amena algunhas etapas e curiosidades da vida e obra do autor Carlos Casares e do significado da celebración do Día das Letras Galegas.
A galiña azul estivo moi ben acompañada, de xeito que tivemos a oportunidade de coñecer outras obras de Casares e algúns contos tradicionais.
Despois da sesión de contos desenvolveuse un obradoiro de marcapáxinas da galiña azul cos asistentes á actividade.
Aquí vos deixo unha fotos da excelente actuación de Cris De Caldas para que vexades a estupenda mañá que pasamos.
Ahí van…
Onte 5 de abril -mércores- celebramos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén (BIBLIOPAZOS) cos alumnos de Educación Infantil do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e da Escola Infantil “A Galeriña” de Nespereira.
Andrea Vázquez de Os Piñeiriños estivo co seu espectáculo de narración oral “MERGULLÁMONOS?…” contándonos un feixe de historias que fixeron que nos mergulláramos no noso planeta percorrendo o mesmo a través dos contos e das cancións de varios lugares do mundo e da nosa Galicia natal.
Tivemos xureliños, serpes, búhos e tamén a Galiña azul nunha pequena homenaxe ao autor Carlos Casares ao que se lle adica este ano 2017 o Día das Letras Galegas.
Pasámolo estupendamente con Andrea. Mirade nestas fotos como estabamos de contentos e animados…
O pasado Luns día 27 de Marzo celebramos en BiblioPazos o DÍA MUNDIAL DO TEATRO coa estupenda actuación de Juste Kamishibai, papel e teatro co seu espectáculo “As historias do Kamishibai”.
Estiveron con nos nesta celebración os alumnos de 3º e 4º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos gozando do espectáculo cos contos e lendas do mundo e con interesantes historias que pretenderon inculcar nos nenos/as valores en favor do coidado da natureza, da Terra e dos seres humanos.
En definitiva, un estupendo luns de teatro no que os alumnos/as puideron gozar e participar das historias narradas por Juan Juste mediante as técnicas de teatro de papel tradicional xaponés (kamishibai), da técnica de teatro lumínico tradicional xaponés a partir de pergaminos ilustrados coñecida como emaki,e dun teatro despregable pop-up que fixo manter a atención dos asistentes en todo momento.


Séguenos