22/07/2013

O pasado venres 19 de xullo, no marco do programa de dinamización lectora Un verán de conto! da Axencia de Lectura Municipal de Carnota, tivo lugar o obradoiro infantil Violeta, a carteira bolboreta, a cargo de Enrique Mauricio (Mau) e Carlos Álvarez Taboada (Pin), autores da colección “Polo correo do vento” (Xerais).
O obradoiro comezou coa narración oral dunha historia por parte de Enrique Mauricio, acompañada de ilustracións en vivo da man de Carlos Álvarez Taboada. Para rematar, os participantes realizaron cadanseu debuxo guiados polo ilustrador e colorearon os murais deseñados por este durante a sesión.

Séguenos