ESTÁS COMO UNA CABRA EN CAMARIÑAS

A cabra Chiña guiou aos pequenos polo mundo das emocións a través de contos, xogos, música e unha estética colorida e estimulante.

A cabra Chiña guiou aos pequenos polo mundo das emocións a través de contos, xogos, música e unha estética colorida e estimulante.

O nenos e nenas de Camariñas celebraron a Letras Galegas con Carme, a cantareira que os achegou á cultura tradicional popular a través de cantigas, bailes , xogos e a exposición da roupa do traxe rexional.

Contos en construción estivo unha vez máis en Camariñas. Os nenos non quixeron perder a oportunidade de facer a vivenda para os seu porquiño e guiados por Sheila expresaron todo o seu potencial. Alto grao de satisfación.

Onte visitounos Sheila García e tróuxonos moitos materiais, con eles, os nenos e nenas construíron contos que saíron espontaneamente do seu maxín. Obradoiro moi ben organizado, ademais, debido ao número de interesados, deunos a posibilidade de facer dous grupos.


Unha proposta moi interesante a de Andamiaxe para transmitir valores aos nenos de Camariñas.

Este ano Cristina Piñeiro axudounos na organización das Letras Galegas camariñás. Pistas, candeados e códigos encriptados conducíronnos cara as lendas, cancións, narracións e cultura galega. Una sala de escape moi ben configurada onde non hai gañadores nin perdedores e triunfa o valor da cooperación, única ferramenta para acadar o tesouro das Letras.


Foi un acerto convidar a Leo á nosa biblioteca. Un espectáculo de sensacións deseñado para a rapazada máis miúda. A Paula de Trémola Teatro non lle custou ilusionar aos cativos e crear unha atmosfera única para eles. Cancións, cores, texturas e un apaixonante relato do león Leo e os seus amiguiños o Elefante Ante e a Tartaruga Uga divertiunos e atrapounos desde o primeiro momento.


O Obradoiro é un magnífico xogo zoolóxico baseado no Animalario universal del profesor Revillod. Os participantes enredan co contraste e a imaxinación. Combinan diferentes partes de animais contruindo inauditas e orixinais imaxes. Inventan nomes descoñecidos para a nova fauna e alimentan as recentes criaturas con comida nunca antes cociñada.
Moi recomendable. Adáptase a grupos con idades diferentes. Unha experiencia moi positiva.


Papelarte é un obradoiro versátil, cunha duración axeitada, esteticamente moi bonito, guiado por unha gran profesional que facilita moito todo o proceso de creación e no que se elaboran auténticas obras de arte.



Charo Pita cautivou a nosa rapazada de 0 a 3 anos cos seus contos musicais A formiga na barriga. Espectáculo altamente recomendable. A contadora é unha virtuosa na arte de contar e cantar. Mostrou gran sensibilidade no trato cos cativos .



Séguenos