A VERDADEIRA HISTORIA DE HAMELÍN DESVELOUSE EN CAMARIÑAS
Dinámica e simpática versión do conto de Hamelín con malabares e clown.
Dinámica e simpática versión do conto de Hamelín con malabares e clown.
Luis Vallecillo interpretou durante 45 minutos cancións dirixidas a un público infantil, de idades comprendidas entre os 3 e os 6 anos, acompañado de María que axudaba na teatralización.
Pedrina na montaña é un relato impregnado de valores como o amor pola natureza, o respecto aos maiores e a importancia da familia. Soraya Lema usa variados recursos visuais e auditivos para transmitilos (música, sons, ilustracións, esculturas, disfraces..) de xeito que a trama nunca perde interese.
A actividade espertou moito interese entre os rapaces e non decepcionou. A pesar de ter unha duración de 90 minutos fíxose curto. Os participantes contruiron cadanseu robot , unha EPI e presenciaron o funcionamento dunha impresora 3D. O grao de satisfacción foi elevado e excelente o traballo dos monitores.
Contacontos-taller intereactivo de gran calidade sobre a pintora Maruja Mallo. Moi creativo e con moita información sobre a artista.
A contada de Patricia en Camariñas foi moi divertida. Os nen@s xogaron e participaron en todos momento no desenvolvemento da actividade.
Unha presa de contos, combinados con xogos, maxia e moita diversión aliaronse para darnos unha estupenda lección sobre a igualdade de xénero. Ademais houbo merenda para todos.
O Carballo con Botas deeixou moi boas sensacións en Camariñas. Converteu as malas novas en fabulosos corazóns cheos de boas intencións, contos moi divertidos e moitas risas.
En Camariñas rematamos a Semana da Ciencia con este obradoiro de submarinos. Foi de moito interese para os participantes e cumpriu coas nosas expectativas.
A actividade desenvolveuse en tres momentos, unha parte expositiva na que mediante unha proxección se lles explica diferentes contidos científicos relacionados coa temática dos foguetes, un obradoiro no que construiron un foguete por grupo e un apoteósico final co lanzamento dos mesmos.
Séguenos